Xogos e ferramentas dixitais para a aula

Aplicacións personalizables para introducir a gamificación na aula de xeito doado e divertido.

30+ xogos e ferramentas 100% gratuíto
Cartafol

Xogos de clasificación

8 xogos interactivos diferentes

👆 Ver xogos

Selecciona un dos seguintes xogos interactivos para acceder á súa configuración.

Arrastrar

Clasifica conceptos arrastrando elementos cara as súas caixas correspondentes.

Atrapa a Toupa

Dinámica de reflexos onde os alumnos tocan a toupa coa resposta correcta.

Labirintos

Percorrido espacial no que debemos atopar a saída (dende o recadro verde ó trofeo).

Burbullas

Explotar burbullas voadoras que conteñen as opcións de clasificación axeitadas.

Lanterna

Ilumina o recadro e elixe se segue ou non a premisa dada.

Cinta transportadora

Arrastra as caixas cos elementos correctos antes de que desaparezan da cinta.

Sopa de imaxes

Cuadrícula para tocar todas as imaxes ou palabras dunha categoría.

Clasificación con tempo

Clasificación por equipos nunha mesma pantalla compartida, con tres modos de temporizador: Patata Quente, Tirar da Corda e Cronómetro.

Cartafol

Conciencia fonolóxica

NOVO

11 xogos: léxica, silábica, fonémica e acento

👂 Ver xogos

Xogos para traballar a conciencia léxica, silábica e fonémica.

Conta as palabras

Conciencia léxica por equipos: escoitan unha frase e contan cantas palabras ten. Con síntese de voz en galego e castelán.

Tesoiras e cola

NOVO

Conciencia léxica: recortar a frase en palabras e volvela pegar. Xera tamén fichas imprimibles con códigos para traballar o mesmo no papel.

Crebacabezas silábico

Conciencia silábica: arrastran e unen as sílabas para formar palabras correctas.

Pétalos

Flor con pétalos que representan sílabas ou fonemas: tocan o pétalo correcto da palabra. Multixogador con ARASAAC.

Conecta os sons

Taboleiro espacial tipo Conecta-4 para traballar conciencia fonémica por quendas. Configurable a 3, 4 ou 5 en liña.

Mago

O mago lanza a sílaba ou fonema final sobre o orbe correcto para formar a palabra. Traballa a fusión silábica e fonémica.

Inventa Verbas

Xerador de pseudopalabras configurable por tipo de sílaba. Crea material infinito e expórtao a Pétalos, Conecta os Sons e Mago.

Cazaverbas

Lanza coa tirafonda as sílabas para derrubar as estruturas e captura as que conteñen o fonema obxectivo. Física estilo Angry Birds.

Sílaba Forte

NOVO

Xogo para a PDI en cinco pasos, nos que se contan as sílabas, se corta a palabra co dedo, se marca o ritmo co tambor, se atopa a sílaba forte e se clasifica en aguda, grave ou esdrúxula. Inclúe un creador de fichas imprimibles para seguir buscando a sílaba tónica no papel.

Fichas de sílabas

NOVO

Xera fichas de conciencia fonémica coas estruturas silábicas de Carmen Silva (Diverlexia). Podes centrarte nun grafema-fonema concreto e usar os teus articulemas se os cargas.

Obradoiro das sílabas

NOVO

Xerador de pseudopalabras que constrúe personaxes coas sílabas elixidas. Xunto coas Fichas de sílabas traballa conciencia silábica e fonémica.

Cartafol

Discriminación auditiva

NOVO

2 xogos de pares e oposicións

🎧 Ver xogos

Xogos para distinguir e traballar os sons que se confunden.

Sons en xogo

NOVO

O alumnado escoita unha palabra e escolle entre dous sons que se confunden, como /d/ e /ɾ/, co apoio do articulema antes de responder e o pictograma de ARASAAC ao acertar. Configúrase a voz, a velocidade e o modo de xogo, con tres vidas ou sen présa, e podes gardar as túas propias listas de pares mínimos para levalas a outro dispositivo.

Contrastes

NOVO

Xogo de oposicións fonolóxicas con tres actividades que van da percepción ao uso: «Escoito», para elixir a imaxe correcta; «Digo», para producir os dous contrastes en voz alta; e «Pido», onde hai que pedirlle unha imaxe a outra persoa, que só entrega a que escoitou. O panel do profesorado permite crear bancos de contrastes con imaxes de ARASAAC e gardalos en JSON.

Fluidez da fala

NOVO

Os Rebotes · disfemia

🎈 Abrir

Xogo para traballar a fluidez na disfemia con dúas técnicas, repeticións e alongamentos, no que a sílaba que rebota vai marcada na frase e se ilumina coma nun karaoke mentres se le. O alumnado escolle personaxe e valora como lle saíu cada frase, con microxogos entre frase e frase e un panel docente que garda o rexistro da sesión.

Cartafol

Fabricación 3D e láser

NOVO

Impresora 3D, cortadora láser e trazos

✏️ Ver ferramentas

Xeradores de material manipulativo para a impresora 3D e para a cortadora láser, máis os xogos de trazo que os acompañan.

Xerador de rodillos 3D

NOVO

Crea rodillos en STL coas letras distribuídas polo cilindro para estampar na plastilina. Escolle tamaño, mangos e letras en surco ou en relevo.

Placas de trazos 3D

NOVO

Xera placas planas imprimibles co trazo de cada minúscula tallado en surco para guiar unha bóla, coas frechas numeradas gravadas. As placas únense entre si para formar palabras.

Xogo de trazos

NOVO

Repasar o trazo das letras a dedo na pantalla, respectando a orde e a dirección correctas. Le o mesmo ficheiro de letras que as placas 3D.

Xerador de fichas 3D

NOVO

Fichas redondas para imprimir en 3D co texto que queiras: números, abecedario galego ou castelán, ou a túa propia lista. Escolles a fonte, o texto en relevo ou en suco, o bordo elevado e o reverso, cunha liña baixo o 6 e o 9 para non confundilos. Descárgase unha ficha soa, toda a placa nun STL ou o lote enteiro en ZIP.

Pezas tipo LEGO

NOVO

Xera pezas compatibles con LEGO coas letras ou os números en relevo ou en suco, escollendo ti a fonte, o tipo de bloque e as bases nas que encaixan. As pezas tamén se conectan de lado e poden seguir os trazos do teu ficheiro de letras, co STL listo para imprimir.

Plantillas para láser

NOVO

Xera as planchas en SVG listas para a cortadora láser, co vermello para o corte e o negro para o gravado, seguindo a convención do Mr Beam. Escribes os nomes do alumnado e configuras medidas, diámetros, títulos e tipografía, e o proxecto gárdase en JSON para retomalo cando queiras.

Pizarras interactivas

NOVO

Taboleiros manipulables para a PDI

🎨 Abrir

Crea taboleiros manipulables con imaxes, pictogramas de ARASAAC, formas e textos, fixando ou liberando cada elemento e traballando con capas, opacidade e animacións. Podes gardar varias pizarras e, no modo alumno, arrastrar e ampliar directamente coa man na pantalla táctil.

O Taboleiro das Intencións

NOVO

Xogo de mesa de pragmática

🎭 Abrir

Xogo de mesa para traballar a linguaxe que non se entende ao pé da letra: dobres sentidos, ironía e sarcasmo, frases feitas, verbos mentalistas, teoría da mente, peticións indirectas, metáforas, inferencias e reparacións despois dunha metedura de pata. Avánzase polo taboleiro resolvendo situacións de cada tipo.

Cartafol

Aleatorizadores

1 ou varias categorías aleatorias

🎲 Ver modos

Selecciona o modo de aleatorizador segundo necesites unha ou varias categorías simultáneas.

Unha categoría

Aleatorizador cunha única categoría. Engade palabras ou imaxes e xira para obter un resultado ao chou.

Varias categorías

Múltiples categorías simultáneas (ata 6). Ideal para combinacións, oracións aleatorias e asignacións.

Aplica a regra

Ortografía · Modo local e online · Só en castelán

✏️ Abrir

Xogo de ortografía personalizable con pictogramas. Practica regras ortográficas regradas e arbitrarias. Ten modo aula (pantalla compartida) e modo competición online onde os alumnos se conectan cos seus dispositivos. ⚠️ De momento, só está dispoñible en castelán.

Economía de fichas

Pixel Quest · Tarefas, puntos e premios

🪙 Abrir

Sistema de economía de fichas para familias e aulas no que os nenos completan tarefas, gañan puntos e cambian eses puntos por premios. Inclúe oito minixogos de recompensa, varios tutores por familia e un PIN persoal para cada neno.

Cartafol

Creador de materiais

NOVO

Bingo, Dobble, Smart 10, taboleiros e paneis

✂️ Ver ferramentas

Ferramentas para crear e imprimir materiais manipulativos personalizados.

Cartóns de Bingo

Xera e imprime cartóns de bingo con imaxes e palabras. Configura filas, columnas e número de cartóns.

Xerador de Dobble

Crea as túas propias tarxetas Dobble con imaxes personalizadas para xogar en clase.

Distribuidor de imaxes

Distribúe imaxes nun A4 ou A3 para imprimir e recortar. Configura copias por folla e tamaño.

Pictogramas ARASAAC

Xera fichas con pictogramas ARASAAC en branco e negro ou cor, con pautas Montessori e exportación a PDF.

Paneis de comunicación

NOVO

Crea paneis de comunicación con pictogramas de ARASAAC partindo de modelos listos para usar, como a aula de infantil, o parque, o baño, a biblioteca ou o comedor. Expórtaos en PDF para imprimir ou como panel interactivo en HTML con sintetizador de voz.

Xerador de taboleiros

NOVO

Escribes unha lista de palabras e ARASAAC pon o pictograma de cada unha, decidindo ti cales entran e cambiando o que non che guste. O taboleiro repártese só pola pantalla, nun A4 ou nun A3, co tamaño dos pictogramas axustado ao número que haxa, e en pantalla amplíase cun dobre clic, percórrese co cursor e pode falar ao tocar cada imaxe.

Cartóns Smart 10

NOVO

Xera os cartóns do xogo Smart 10 coas túas propias listas, usando pictogramas de ARASAAC, textos ou imaxes túas. Os pictogramas búscanse sós e ti escolles o definitivo de cada un, e as medidas coinciden coas dos cartóns orixinais para que encaixen no soporte do xogo.

Contacto e axuda

Erros, suxestións ou dúbidas

✉️ Escribir

Podes enviar un correo electrónico se atopas algún erro (bug) ou se non sabes utilizar algún dos xogos: